A 7000 Metros As Utopicas

Published 2023-06-12

En novembro de 2013 os principais medios españois difunden unhas imaxes enigmáticas, case fantasmagóricas. Unha ringleira de puntos negros avanzan sobre unha superficie pálida e aparentemente grumosa. Resulta difícil discernir desde onde vemos o que vemos, que posición ocupa a cámara, sobre que eixes se desprazan esas figuras.

O discurso xornalístico sitúanos: trátase dun grande número de persoas que buscan cruzar a valla de Melilla para acceder a territorio español; as forzas de seguridade encargáronse de deter o seu avance e dispersalos (non vemos como). Durante os meses seguintes volveríanse difundir imaxes de vixilancia semellantes co mesmo fin. De onde veñen? Como se forman? Onde nos sitúan a nós? Como as podemos pensar?

Procuramos neste traballo retomar do arquivo estas imaxes para realizar unha xenealoxía desde un exame crítico da mirada asumida, apoiándonos en estudos previos de autores como Harun Farocki, Chantal Akerman ou Chris Marker.